Unha análise empírica dos factores que inflúen no boca a boca electrónico nas redes sociais tras unha promoción de marca

As redes sociais experimentaron nos últimos anos un gran crecemento en termos de uso por parte de consumidores e empre-sas, sendo cada vez máis frecuente o desenvolvemento de estratexias de comunicación de márketing nestes medios. As em-presas están aumentando o seu investimento en redes sociais co...

Full description

Bibliographic Details
Authors: Camoiras Rodríguez, Zaira, Varela Neira, María Concepción
Format: article
Publication Date:2020
Country:España
Institution:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repository:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Language:Galician
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/41707
Online Access:https://hdl.handle.net/10347/41707
Access Level:Open access
Keyword:eWOM
Redes sociais
Intercambio de experiencias
Compromiso
Commitment
Description
Summary:As redes sociais experimentaron nos últimos anos un gran crecemento en termos de uso por parte de consumidores e empre-sas, sendo cada vez máis frecuente o desenvolvemento de estratexias de comunicación de márketing nestes medios. As em-presas están aumentando o seu investimento en redes sociais co fin de atraer novos consumidores a través do boca a boca electrónico (electronic word of mouth [eWOM]) e estimular a intención de compra. Este estudo contribúe á literatura incrementando o coñecemento dos factores que axudan á mellora do eWOM resultado dunha promoción realizada por unha marca en redes sociais, a través dun modelo combinado. O contraste empírico realízase cunha mostra de estudantes universitarios con presenza en diferentes redes sociais. As análises desenvolvidas efectúanse a través dun modelo de ecuacións estruturais. Os resultados mostran o papel relevante do intercambio de experiencias online entre consumidores e do compromiso coa rede social sobre a intención de eWOM. Así mesmo, destacan a importancia da oportunidade e a identificación coa rede social como determinantes destes antecedentes.