Factores bióticos e abióticos que afectan á abundancia do Pardal común (Passer domesticus) na cidade de Santiago de Compostela
A evolución ao longo de 3.500 millóns de anos deu lugar a unha inmensa biodiversidade, pero o crecemento humano descontrolado está a causar a extinción acelerada das especies. Esta "Sexta Extinción", impulsada pola urbanización, a fragmentación de hábitats, a contaminación e a sobreexplota...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis de maestría |
| Fecha de publicación: | 2025 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/40638 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/40638 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Pardal común Passer domesticus Santiago de Compostela Urbanización |
| Sumario: | A evolución ao longo de 3.500 millóns de anos deu lugar a unha inmensa biodiversidade, pero o crecemento humano descontrolado está a causar a extinción acelerada das especies. Esta "Sexta Extinción", impulsada pola urbanización, a fragmentación de hábitats, a contaminación e a sobreexplotación, ameaza os ecosistemas e os servizos esenciais que estes proporcionan aos seres humanos. Aínda así, as cidades poden converterse en "refuxios do Antropoceno", ofrecendo hábitats diversos que fomentan unha maior biodiversidade en comparación con áreas agrícolas. Estes espazos tamén benefician a certas especies ao reducir as interaccións con outras especies e proporcionar recursos abundantes. Mentres moitas especies sofren polo proceso de urbanización, outras adáptanse, como o pardal común (Passer domesticus), que prospera grazas á dispoñibilidade de recursos proporcionados polos humanos. Neste contexto, realizouse o presente estudo na cidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de identificar factores bióticos e abióticos que afectan á abundancia do pardal común nesta cidade. Para iso, a área de estudo dividiuse en tres estratos: a zona vella, caracterizada por rúas estreitas e edificios antigos; o ensanche, unha zona de transición entre o casco vello e as áreas máis modernas; e a área periférica, predominantemente residencial, con maior presenza de espazos verdes. A mostraxe levouse a cabo entre marzo e maio, empregando 120 estacións de escoita (EE) de 5 minutos de duración, distribuídas de forma aleatoria ao longo dos estratos mencionados anteriormente. Para analizar o efecto das 18 variables bióticas e abióticas medidas en campo na abundancia da especie, empregáronse modelos lineais xeralizados (GLM) cunha distribución de Poisson e link log. Canto á estructura da comunidade de pardal común na cidade, a especie acadou unha densidade maior na área periférica, onde hai máis espazos verdes e menos infraestruturas, mentres que no ensanche, con menos espazos deste tipo e máis perturbacións, a súa presenza foi menor. A presenza de contedores de lixo, o número de gatos e a cobertura vexetal nas estacións foron os factores máis relevantes que influíron na abundancia do pardal común. A presenza de edificios antigos tamén tivo un efecto próximo a ser consecuente. A abundancia do pardal común viuse positivamente influenciada pola presenza de contedores de lixo e a cobertura vexetal da EE, mentres que o número de gatos (Felis catus) tivo un impacto negativo. Estes resultados poñen de relevo a importancia dos espazos verdes e da heteroxeneidade de hábitats para o mantemento da biodiversidade urbana. Ademáis, o efecto negativo dos gatos sobre esta especie tan adaptable subliña a ameaza que supón para outras especies máis raras e con pouca tolerancia ao cambio. |
|---|