O posesivo non concordado en galego e en castelán de Galicia como mudanza sintáctica en curso
[GAL] O presente artigo ofrece unha análise de dous tipos de pronome posesivo non concordado que son posibles en galego e no castelán de Galicia. Por unha banda, o coñecido avance do paradigma cara a estruturas nucleadas por un adverbio de lugar, do tipo de diante miña. Pola outra, o menos descrito,...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de documento: | artigo |
| Data de publicação: | 2021 |
| País: | España |
| Recursos: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositório: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | galego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/38369 |
| Acesso em linha: | https://hdl.handle.net/10347/38369 |
| Access Level: | Acceso aberto |
| Palavra-chave: | Pronome posesivo Frase adverbial Mudanzas desde arriba/abaixo Innovación sintáctica Mudanza sintáctica Interferencia sintáctica Galego Castelán de Galicia Cambios desde arriba/desde abajo Cambio sintáctico Gallego Castellano de Galicia Possessive Pronoun Adverbial Phrase Chan¬ges from Above/from Below Syntactic Innovation Syntactic Change Syntactic Interference Galician Galician Spanish |
| Resumo: | [GAL] O presente artigo ofrece unha análise de dous tipos de pronome posesivo non concordado que son posibles en galego e no castelán de Galicia. Por unha banda, o coñecido avance do paradigma cara a estruturas nucleadas por un adverbio de lugar, do tipo de diante miña. Pola outra, o menos descrito, mais tamén frecuente, posesivo carente de concordancia en locucións adverbiais de significado locativo e outras. Trátase de exemplos como ao lado súa e semellantes. A análise consiste nun baleirado dos corpus TILG, CORGA e CORILGA para o galego, ESLORA para o castelán de Galicia. Mediante eles dáse conta da cronoloxía do fenómeno e do poder explicativo dos seguintes factores no avance da innovación: a persoa gramatical, o tipo de adverbio ou locución adverbial, o grao de animación do ante¬cedente, entre outros. Arguméntase, así mesmo, en favor da interpretación da mudanza como cambio desde abaixo, e descríbense os dous intentos de operar un cambio desde arriba sobre a innovación. Finalmente, achéganse evidencias en favor da interpretación do cambio sintáctico como endóxeno e procúrase unha explicación novidosa do fenómeno peculiar que representa a selección do xénero feminino para a forma de posesivo en ambos os sistemas lingüísticos. |
|---|