Algunhas claves para comprender a escolla dos estudos universitarios polo alumnado galego

A presente tese pretende ofrecer un marco explicativo e comprensivo da escolla dos estudos universitarios que realiza o alumnado galego ao remate do bacharelato. Tras unha revisión dos principais modelos teóricos existentes e dos factores asociados ás eleccións académico-profesionais, adoptamos unha...

Full description

Bibliographic Details
Author: Vila Couñago, Esther
Format: doctoral thesis
Publication Date:2017
Country:España
Institution:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repository:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Language:Galician
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/16467
Online Access:http://hdl.handle.net/10347/16467
Access Level:Open access
Keyword:Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicos
Materias::Investigación::61 Psicología::6103 Asesoramiento y orientación::610303 Asesoramiento y orientación educacional
Description
Summary:A presente tese pretende ofrecer un marco explicativo e comprensivo da escolla dos estudos universitarios que realiza o alumnado galego ao remate do bacharelato. Tras unha revisión dos principais modelos teóricos existentes e dos factores asociados ás eleccións académico-profesionais, adoptamos unha concepción integradora que abarca a análise de diversas variables de tipo persoal, familiar, escolar e social para indagar –dende unha visión prospectiva proporcionada por estudantes de bacharelato e un enfoque retrospectivo achegado por alumnado universitario– nas claves que subxacen ás preferencias e ás escollas realizadas respecto á carreira universitaria. Emprégase unha metodoloxía mixta de investigación levada a cabo de forma secuencial: primeiramente realízase un estudo extensivo, de tipo cuantitativo, utilizando o cuestionario como instrumento de recollida de datos, e posteriormente un estudo intensivo, de tipo cualitativo, a partir de entrevistas semiestruturadas. Con base nos resultados obtidos, propoñemos liñas xerais de actuación orientadora axeitadas ás necesidades dos destinatarios/as.