A defensa das plantas fronte a patóxenos

Esta unidade didáctica inclúese na materia Fitopatoloxía que se imparte no cuarto curso do grao en Bioloxía, cunha carga lectiva de 4.5 créditos ECTS. Os destinatarios son alumnos de último curso de Grao. A Fitopatoloxía, que estuda as enfermidades das plantas, está especialmente relacionada con out...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autores: Segura Iglesias, Antonio Luis, Torre Noya, Francisco Luís de la
Formato: livro
Fecha de publicación:2012
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/10015
Acesso em linha:http://hdl.handle.net/10347/10015
Access Level:acceso abierto
Palavra-chave:Fitopatoloxía
Grao en Bioloxía
Materias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2417 Biología vegetal (botánica)::241709 Fitopatología
Descrição
Resumo:Esta unidade didáctica inclúese na materia Fitopatoloxía que se imparte no cuarto curso do grao en Bioloxía, cunha carga lectiva de 4.5 créditos ECTS. Os destinatarios son alumnos de último curso de Grao. A Fitopatoloxía, que estuda as enfermidades das plantas, está especialmente relacionada con outras materias do Grao, como Botánica, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal, Bioquímica e Xenética. O alumnado adquirirá coñecementos fundamentais para entender as interaccións entre os organismos patóxenos e os vexetais como consecuencia das cales aparecen as enfermidades. Dentro do programa teórico da materia, esta unidade didáctica impartirase despois da introdución xeral da materia e da descritiva dos procesos de patoxenicidade na interacción hóspedepatóxeno. A Fitopatoloxía é unha disciplina que estuda os patóxenos vexetais e a súa interacción coas plantas (enfermidade), e o medio ambiente; neste sentido, resulta imprescindible para comprender a fisioloxía da disfunción asociada ao proceso de patoxenicidade, coas súas fondas repercusións para a economía agrícola e a alimentación dos seres humanos. Asemade, a Fitopatoloxía é a disciplina encargada da prevención e da administración de medidas fitosanitarias para reducir, na medida do posible, as consecuencias asociadas á aparición e a diseminación das enfermidades das plantas.