Influencia do uso humano no comportamento da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) en praias de Galicia durante o período post-reprodutivo

As praias son utilizadas polos humanos para a realización de actividades recreativas e extractivas. Esta presenza supón un problema para as especies de fauna e flora que alí viven, xa que persoas e animais domésticos son percibidos como depredadores pola avifauna. Este problema acentúase cando as es...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autor: Gestoso Castroagudín, Andrea
Formato: tesis de maestría
Fecha de publicación:2025
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/40604
Acesso em linha:https://hdl.handle.net/10347/40604
Access Level:acceso abierto
Palavra-chave:Píllara das dunas
Charadrius alexandrinus
Praias
Descrição
Resumo:As praias son utilizadas polos humanos para a realización de actividades recreativas e extractivas. Esta presenza supón un problema para as especies de fauna e flora que alí viven, xa que persoas e animais domésticos son percibidos como depredadores pola avifauna. Este problema acentúase cando as especies presentan estados de conservación desfavorables, como é o caso da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). As perturbacións ocasionadas poden provocar cambios no comportamento das especies, diminución da supervivencia ou perda de hábitat, entre outros efectos. Neste traballo estudouse a influencia do uso humano en período post-reprodutivo en praias da provincia da Coruña sobre o comportamento da Píllara das dunas. Muestreáronse un total de 282 exemplares durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2021. As actividades predominantes nos exemplares muestreados foron as de vixilancia e repouso, fronte ás de desprazamento, alimentación, atusamento ou baño. Nos tres meses rexistráronse 591 perturbacións potenciais das cales o 40,9 % foron efectivas. Os axentes que máis perturbacións efectivas provocaron foron os paseantes e os paseantes acompañados por cans, a maioría soltos (89,1 %) e de tamaño grande (43,8 %). A maioría das respostas das aves foron desprazamentos a pé (58,1 %), mentres que un 41,8 % implicou a existencia de voo. As respostas estiveron condicionadas polo mes e o tipo de axente perturbador. O tempo total invertido en desprazamento polo exemplar estivo altamente influído polo tipo de axente perturbador, sendo este tempo maior cando o axente foi un paseante con can